O vindeiro 18 de febreiro celébranse as eleccións ao Parlamento de Galicia. Dende InvestiGal, pensamos que o futuro de Galicia depende en boa medida de que sexamos quen de realizar un cambio de estratexia respecto ao modo en que entendemos e xestionamos a investigación en Galicia e que nos leve a poñer en valor a nosa profesión e a construír unha sociedade do coñecemento.
Financiamento. O investimento de Galicia en I+D+i é do ~1,1%, lonxe do de España (~1,45%) e o da media europea (~2,3%). Investir en I+D+i é un “bo negocio” xa que estas actividades xeran un retorno económico situado arredor do 20% do investimento [1] e por cada 1€ invertido un retorno de 2,50€ [2].
- Desde InvestiGal vemos totalmente primordial aumentar o investimento no noso sector e que isto se faga de xeito estábel ao longo do tempo e non dependa das eivas duns gobernos ou outros.
- Implantación dun financiamento basal aos grupos de investigación con independencia do centro ou organismo ao que pertenzan e baseado na transparencia, equidade e produtividade.
Carreira científica. Debemos profesionalizar ao persoal investigador e definir a carreira investigadora. É importante destacar que a fuga de investigadores/as na etapa intermedia ou final da carreira investigadora adoita ser común. Isto supón a perda de toda a inversión pública realizada para a súa formación, cuantificada en máis de 500.000€/investigador [3].
- Definición e apoio para unha carreira científica profesional definida e integral.
- Deseño dun programa forte de retención, captación e retorno de talento.
- Elaboración dun plan de atracción de talento, similar aos programas ICREA ou IKERBASQUE, no que se abordará de maneira específica o retorno de investigadores/as altamente productivos/as que están a desempeñar a súa función fora de Galicia. Establecer contratacións a longo prazo, atractivas e competitivas.
- Elaboración dun sistema de avaliación que prime a calidade e traxectoria global e incorpore expertos/as independentes.
- Posibilidade de estabilización do persoal científico e técnico.
Administrativo e lexislativo. A fragmentación dos organismos que xestionan o I+D+i galego, dividido en tres consellerías (educación, sanidade, industria…), supón atrasos e falta de homoxeneización na burocracia.
- En InvestiGal consideramos que é fundamental a creación dunha Conselleria de Investigación, Innovacion e Universidades, de xeito que agrupe, administre e xestione o investimento en I+D+i.
- Pacto Galego pola Investigación. Completo e dotado de contido real e compromisos vinculantes, e transversal ao estar referendado por toda a representación parlamentaria.
- Compromiso de manter e respetar o ocalendario de Axudas e Programas con datas constantes tanto de publicación da convocatoria coma de resolución que permitan ao personal investigador e técnico organizar as súas vidas persoais e profesionais.
Perspectiva de xénero na ciencia. A brecha de xénero, a conciliación familiar e a igualdade son problemas que deben ser atallados.
- Medidas para evitar o abandono das mulleres nas etapas pre e posdoutoral.
- Non penalizar a maternidade e parternidade, lactancia, enfermidade ou coidado de persoas dependentes.
- Medidas para romper o teito de cristal e promover a presencia feminina en tódolos ambitos da ciencia e en tódalas etapas da carreira científica profesional.
- Seguimento da lei Angeles Alvariño.
REFERENCIAS:
- https://sciencebusiness.net/system/files/reports/Why-fund-research_.pdf
- https://cadenaser.com/asturias/2023/05/08/las-matematicas-de-la-investigacion-cada-euro-invertido-en-idi-genera-25-de-retorno-radio-asturias/
- https://theconversation.com/cuanto-cuesta-formar-a-un-investigador-en-espana-demasiado-como-para-perderlo-130314