InvestiGaleirxs polo mundo

O obxectivo desta sección é situar no mapa do mundo a aquelas investigadoras e investigadores galegos que se encontran exiliados fóra de Galicia, de xeito que podades contactar con eles para que vos axuden se tedes pensado facer unha estadía ou acceder a un posto de traballo en algúns destes lugares.

Para isto, creamos este mapa coa ferramenta Ethermap, no que vos podedes engadir na localización na que vos encontredes (premendo na opción “+Add marker”) ou consultar as persoas que están rexitradas no mapa e ver os seus datos de contacto. A todas aquelas persoas que vos rexistredes, recomendámosvos pór unha páxina ou enderezo electrónico de contacto.