InvestiGal denuncia a discriminación que continúan sofrindo as investigadoras posdoutorais ao ser penalizadas pola súa maternidade

InvestiGal, Rede Galega pola Investigación, volve denunciar a situación de desamparo e discriminación que continúan sofrindo as investigadoras posdoutorais ao ser penalizadas pola súa maternidade  

Galicia, 23 de novembro de 2020.

Como xa aconteceu no pasado, as persoas pertencentes á convocatoria de Axudas Posdoutorais Xunta de Galicia 2017 que foron nais durante a duración dos seus contratos volven atopar as mesmas dificultades para continuar coa súa carreira investigadora a causa da falta de previsión e da negativa a implementar cambios significativos por parte da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e  GAIN para evitar situacións de desamparo e discriminación por maternidade que xa se están a converter en recorrentes dentro do sistema universitario e investigador galego.

InvestiGal reitera a importancia que ten que as persoas que disfrutaron de permisos de maternidade dispoñan de mecanismos reais de equiparación co resto das persoas coas que deben concorrer á seguinte convocatoria, establecendo criterios para ponderar os seus currículums ou outros que se consideren pertinentes para evitar que os períodos de suspensión conten como tempo traballado, e que a maternidade supoña unha penalización nas súas carreiras. Recentemente, incluso a valedora do Pobo se pronunciou a favor en resposta á queixa interposta por afectadas deste colectivo, da que a prensa se fixo eco.

Tanto InvestiGal como as persoas afectadas por permisos de maternidade e pertencentes á convocatoria 2017 solicitaron á Xunta de Galicia unha reunión para que dende a Secretaría Xeral de Universidade lles aclaren os termos mediante os cales van ser avaliadas e as medidas que esta consellería ten pensado tomar para a vindeira convocatoria de axudas que supoñen a continuación da súas carreiras investigadoras e que, previsiblemente, sairá a principios do 2021. Dada a falta de interese destas institucións á hora de facer calquera tipo de aclaración, presentouse por rexistro un documento cunha serie de propostas que a Xunta de Galicia podería aplicar de maneira inmediata a calqueira convocatoria de calquer ámbito para rematar con esta discriminación manifesta que impide que as mulleres científicas e investigadoras poidan desenvolver unha carreira de éxito. Estas medidas presentadas teñen como finalidade o obxectivo de que se cumpra a lei vixente tanto autonómica, como nacional e europea en materia de igualdade, xénero e conciliación.

InvestiGal insta á Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e a GAIN a aplicar a lei e a rematar dunha vez por todas con este tipo de situacións inxustas que se veñen repetindo ano tras ano sen que se poña solución. Insta tamén á Conselleira de Emprego e Igualdade a mediar para que estas situacións de discriminación por xénero e violencia estructural contra as mulleres no ámbito da investigación deixen de producirse dunha vez por todas.

Comparecencia de InvestiGal na comisión de reactivación económica do Parlamento de Galicia

O venres 6 de novembro ás 10:30 InvestiGal compareceu na comisión non permanente especial que ten por obxecto de estudar, analizar e realizar propostas de actuación política con base na experiencia da xestión dos últimos meses e dirixidas á reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise orixinada pola pandemia da COVID-19, coa finalidade de protexer a cidadanía fronte á crise e promover o progreso da comunidade.

Mesa de comparecentes na sesión das 10:30. Á dereita, Elena Lendoiro, Presidenta de InvestiGal. Fonte: @Par_Gal

A comparecencia de InvestiGal foi levada a cabo por Elena Lendoiro, Presidenta de InvestiGal desde a súa creación, e pode verse integramente nesta ligazón á mediateca do Parlamento de Galicia: http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/comision-non-permanente-especial-estudo-sobre-reactivacion-economica-social-cultural-galicia-pola-crise-covid-19-2020-11-06

Agradecemos ao Parlamento de Galicia ou seu convite e a oportunidade para presentar a nosa visión sobre a importancia da investigación e a ciencia para a reactivación económica da nosa comunidade. Esperamos poder seguir contribuíndo cosas nosas propostas para mellorar a situación das investigadoras e investigadores que desenvolven a súa labor en Galicia e traballar cóbado con cóbado cos nosos representantes no Parlamento para este fin.

O PPdeG vota en contra da iniciativa parlamentaria para convocar as axudas posdoutorais no 2020 e bloquea a situación dos/as investigadores/as

A negativa do grupo parlamentario popular levará a que 31 investigadores/as queden no paro en decembro e máis de 400 non poidan acceder a algunha das 50 axudas para iniciar a súa formación posdoutoral. 

Galicia, 15 de outubro de 2020.

O pasado martes debateuse no Parlamento de Galicia a proposta para desbloquear a situación dos/as investigadores/as posdoutorais provocada pola falta de previsión dende a Xunta de Galicia, que non convocará as axudas posdoutorais (Modalidade A e B) correspondentes a este ano. Esta iniciativa apoiada polos grupos parlamentarios do BNG e do PSdeG-PSOE encontrouse coa negativa do PPdeG, da man dos deputados autonómicos Martín Fernández Prado e Valeriano Martínez García, que xustificaron a non convocatoria destas axudas en base a que “os contratos dos investigadores/as foron prorrogados 6 meses polo goberno autonómico”. Dende InvestiGal acollemos con sorpresa a negativa do grupo parlamentario popular e os seus argumentos, tendo en conta o comunicado emitido o pasado 29 de abril polo propio goberno galego no que se expón que a prorroga de seis meses serve para paliar os efectos que o estado de alarma tivo sobre as investigacións en curso e que en ningún caso xustifica a falta de convocatoria no 2020. En referencia á convocatoria do 2020, a Xunta expoñía nese mesmo comunicado que “no caso da modalidade A dos contratos posdoutorais, dado que a súa finalidade principal é a formación do persoal investigador durante dous anos no estranxeiro, adíase a publicación da convocatoria ata que as circunstancias así o aconsellen e permitan definir os novos parámetros polos que terá de rexerse” mentres que “no caso da modalidade B dos contratos posdoutorais, de permitilo as circunstancias prevese realizar unha convocatoria de tramitación anticipada na anualidade do 2020 que se resolvería a principios do ano 2021”. Ademais, a escusa da prórroga dos contratos non serve de argumento para non convocar a Modalidade A, xa que esta axuda está orientada para que os/as novos/as doutores/as (cerca de 400 por ano en Galicia) poidan iniciar a súa etapa posdoutoral. Isto implica que a maior parte destes investigadores xa defenderon a súa tese doutoral para acadar o estatus de doutor/a, polo que os seus contratos non foros prorrogados en ningún caso. Por outra banda, outros programas posdoutorais que implican mobilidade internacional si mantiveron sen alteracións o seu calendario de convocatorias, como as Postdoc Berri do Goberno Vasco (convocadas en xullo) ou o prestixioso programa europeo Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA). 

Os problemas relacionados coa convocatoria destas axudas posdoutorais non son novos e amosan o pouco interese que o goberno de Galicia ten en considerar a investigación como eixo estratéxico do país. De feito, o deputado do PPdeG Martín Fernández Prado comezou a súa comparecencia no Parlamente dicindo “a verdade contábamos con esto, todos os anos por estas datas temos unha iniciativa sobre o tema das posdoutorais, a pesar de que saben que o sistema de Galicia é obxectivamente mellor co resto de España” [2:07 min]. Dende InvestiGal gustaríanos coñecer os parámetros en base aos cales afirma que o programa galego é mellor co resto de España, máis tendo en conta que en Galicia se inviste o 0,94% do PIB en I+D+i, valor por debaixo da media española (1,24%) ou europea (2%) e moi afastado doutras comunidades como o País Vasco (1,96%), Madrid (1,71%), Navarra (1,68%), Cataluña (1,52%) ou Castela e León (1,3%) (Fonte: FECYT). Coa precariedade dos investigadores/as non se pode frivolizar, e menos en sede parlamentaria, e pedimos respecto ante unha situación provocada pola falta de previsión (un ano máis) da Xunta de Galicia. Se coñecen os problemas, por que non os solucionan?

Con respecto á problemática destas axudas, non foron convocadas no ano 2010, 2015 e probablemente no 2020, e desde 2016 prodúcense atrasos sistemáticos na súa convocatoria, o que favorece que as persoas candidatas pasen longas tempadas desempregadas, agardando por esta oportunidade laboral, ou mesmo a fuga de cerebros ao estranxeiro, facendo que perdamos talento propio que foi formado con orzamentos públicos. Os longos tempos de espera, derivados da falta dun calendario fixo de convocatorias que si existe nos programas estatais e europeos ou incluso noutras comunidades, foi considerada como normal polo propio deputado Martín Fernández Prado, que comparou a non convocatoria das axudas autonómicas este ano coas estatais. Dende InvestiGal denunciamos que este argumento se afasta da realidade, posto que as axudas estatais (programas “Juan de la Cierva” ou “Ramón y Cajal”) correspondentes ao ano 2020 convocaranse, como veñen facendo tódolos anos, no mes de decembro, e ademais este ano o número de prazas verase incrementado nun 30%. Como colectivo de investigadore/as, InvestiGal é crítica coa actitude dos nosos políticos e esiximos que en sede parlamentaria estean á altura, xa que todas estas manifestacións denotan un descoñecemento total do sistema de investigación galego, español e europeo.

Dende InvestiGal solicitamos á Xunta de Galicia que convoque tanto a Modalidade A coma a Modalidade B o antes posible co fin de garantir a continuidade das carreiras dos investigadores/as posdoutorais. Ante a falta de previsión instamos a que a Xunta, igual que fixo noutros anos, financie con “contratos ponte” aos investigadoras/es posdoutorais que rematan o seu contrato o 31 de decembro ata que a nova convocatoria sexa publicada. Cabe destacar que a Xunta investiu entre 100.000 e 120.000 € na formación de cada unha destes investigadoras/es que quedarán no paro: co modelo actual formamos talento para o desfrute doutras comunidades ou países. Ademais, nos vindeiros días dende InvestiGal solicitaremos unha reunión con D. Francisco Conde, Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e con D. Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Cultura e Universidades para tratar de de traballar conxuntamente mediante unha colaboración activa co fin de buscar solucións ós problemas que afectan ós investigadores/as en Galicia.

Sabes o que é un doutoramento industrial? Entrevistamos a Daniel Dorribo para que nolo conte

Hai un tempo que se uniu a InvestiGal Daniel Dorribo Dorribo, un ourensán que marchou a Cataluña a facer un “doutoramento industrial” e que retornou recentemente para continuar a traballar na empresa. A súa vocación investigadora fíxolle facerse socio de InvestiGal e, para dar a coñecer esta experiencia co doutoramento industrial, unha modalidade descoñecida para moitos de nós, presentámosvos esta entrevista.

Quen é Daniel Dorribo Dorribo?

Son un rapaz dunha pequena aldea do Concello de Ourense, con interese dende moi novo pola ciencia e a tecnoloxía, en parte como consecuencia de ser fillo de #profedemates, pero tamén polo interese que sempre profesei por saber como funcionan “as cousas” e o ”o mundo” (iso é mais por cousa de meu pai, 😉 ). Todo isto levoume a estudar enxeñería, a mais xenérica, e o máis preto que podía, en Vigo. Gocei moito cos contidos desta carreira, tanto polas partes mais teóricas como aquelas máis prácticas. Nos últimos anos medrou o meu interese por Alemaña, por un lado porque parte da miña familia estivo emigrada alí, por outro pola coñecía importancia da enxeñería do pais xermano. Decidín estudar alemán no último ano de carreira, e funme de Erasmus a Munich para realizar o proxecto fin de carreira. Eran os anos de crise, o grupo de galegos que marchamos alí foi grande. Moitos aínda seguen alí xa que as condicións laborais non teñen nada que ver coas de aquí, e non só no económico. Eu voltei para facer un Master na USC, de ano e medio. Ao acabar o primeiro ano busquei desesperadamente unha forma de por en práctica os meus coñecementos, pero en Galicia foi imposible atopar algo cunhas mínimas condicións. Xurdiu unha oportunidade en Barcelona e alí marchei a realizar o Doctorat Industrial, un pouco a cegas, aínda que sabendo que era unha moi boa oportunidade de seguir vinculado á academia, sen deixar de facer algo aplicado na industria. Tras tres anos de contrato asociado ao Doctorat Industrial, con estancia nunha sede alemá da empresa, comecei o traballo como enxeñeiro en Barcelona, na empresa onde fixera o doutoramento. Como desvantaxe tiven que deixar mundo académico e a investigación. Despois de outros tres anos así, xurdiume a oportunidade de traballar nunha empresa sueca punteira no sector e cunha sede en… Galicia! E niso estou agora, intentando manter contacto coa academia, cousa difícil. Por agora dando clase dunha optativa nun Grao nunha universidade catalana, a Uvic-UCC.

Cóntanos brevemente en qué consiste o programa Doctorats Industrials?

O programa de “Doctorats Industrials” é un programa pioneiro en España que foi potenciado pola Generalitat de Catalunya. Ten unha larga tradición noutros países europeos, especialmente nos máis nórdicos, como Suecia, Dinamarca, Reino Unido ou Noruega. A idea principal é que un estudante de doutorado realice unha investigación que reporte certos beneficios a unha empresa (estes non sempre teñen que ser económicos, poden ser de transferencia de coñecemento) á vez que realice unha tese doutoral coas publicacións científicas asociadas. Existe por parte da empresa que se encarga de orientar a parte máis aplicada, e outra por parte da universidade que se encarga da orientación máis teórica así como do relativo a realización da tese e das publicacións. No específico ao caso catalán, no que eu fun parte da proba piloto, foi a Generalitat quen se puxo en contacto con varias empresas das máis potentes de Catalunya, para promover estas colaboracións. A Generalitat axuda economicamente a estas empresas, e paga ademais parte dos custos académicos do doutorado. O programa foi medrando, e cada vez foron entrando máis empresas (de todos os tamaños) e máis estudantes. Neste vídeo a miña titora de tese fala da experiencia referíndose ao meu caso. Para min é fundamental que se estreiten pontes entre as universidades e o tecido industrial. Que haxa este tipo de perfil máis académico na industria é imprescindible.

Como coñeciches o programa?

Foi unha oferta pública dunha “PhD Position” da que me decatei grazas á xestora de investigación do mestrado que estaba cursando na USC. Solicitei e fun seleccionado entre diversos candidatos.

Terías preferido quedar en Galicia (en outra forma de investigación ou nunha similar se a houbese?)

Está claro que traballar en Galicia estaba entre as miñas preferencias naquel momento, pero necesitaba atopar algo motivador, non me vía facendo un doutoramento ao uso xa que me gusta estar máis en contacto coa aplicabilidade dos coñecementos. Por outra parte as ofertas de investigacións en empresas que se ofreceron no momento eran interesantes tecnicamente, pero sen ningún tipo de contrato nin salario, semellaba que as empresas de aquí están acostumadas a que se traballe ou investigue para elas de balde.

Cres que sería posible ter en Galicia algo parecido? Como?

Por suposto que é posible, pero hai que dar moitos pasos para iso. En primeiro lugar necesítase un soporte institucional do goberno (autonómico?) que promova e financie este tipo de programas tal e como fai a Generalitat de Catalunya. Pero esta condición necesaria non é nin moito menos suficiente. Son da opinión que un programa así, sen un seguimento, só serve para que as empresas privadas teñan a un traballador cuxo salario esta sendo pagado polos presupostos públicos, sen dar ningún rédito ás outras dúas partes: neste caso o sistema universitario galego e a Xunta. Debe haber algún tipo de organismo que se encargue do control, o seguimento e a coordinación das actividades do doutoramento industrial, non debe ser algo para sacar a foto o primeiro día e o último. Outra parte moi importante é atopar perfís dentro da universidade que estean dispostos a apartarse dos seus marcos teóricos de investigación para titorizar alumnos que buscan resultados máis aplicados. Isto depende claro está da rama da investigación, non ten nada que ver as ciencias puras coas enxeñerías ou as humanidades. É necesario tamén algo que para min é moi difícil, o máis difícil, unha vontade de cambio de como se fan as cousas dentro das empresas.

Un doutorado vai querer sempre “testear” cousas novas no proceso produtivo ou no xeito de como se traballa nunha empresa que leva moitos anos facendo o mesmo, e el só non vai poder facelo. Necesita alguén da súa parte dentro da empresa, que debe ser o titor industrial, que guíe ao estudante de doutoramento e o oriente, que lle indique se merece a pena probar algo, e que poida convencer aos xefes de que eses cambios merece a pena probalos. Ese tipo de perfís creo que son os máis difíciles de atopar dentro dunha empresa actualmente en Galicia. Mellor dito na Galicia que vive en Galicia. Ocórreseme que pode ser clave contar con toda esa Galicia exterior, todos eses perfís de xente que marcharon a traballar ao comezos da crise e que levan anos collendo experiencia e formándose en empresas privadas e universidades punteiras por toda Europa ou o mundo. Aínda que claro, para iso hai que atopalos (a importancia de facer rede!) e motivalos para que queiran desenvolver a súa carreira investigadora/profesional aquí. E para iso o “salario emocional” non é moitas veces suficiente.

Como ves o futuro da investigación?

Oxalá tivese unha bariña máxica. O que está moi claro e que a investigación no país que vivimos é algo moi vocacional. Tenche que gustar algo moito para que estes disposto a dedicar tanto tempo e esforzo sen ter un rédito asegurado. Lamentablemente non todo o mundo se pode permitir esta inestabilidade económica. A investigación pura é so posible con grandes inversións por parte das entidades públicas que lamentablemente non creo que se poida dar no contexto económico que vivimos. O número de estudantes de doutorado e de teses presentadas medra ano a ano, e os postos vacantes dentro da universidade redúcense. Non ten ningún sentido que todo ese coñecemento se perda. Moitos destes doutores acaban traballando en postos onde están sobre cualificados, no ensino secundario, ou no sector privado. É algo que levo moi mal. Canto estamos perdendo con isto? Toda esa materia gris tirada ao lixo. Debemos construír pontes entre os coñecementos xerados na academia e as necesidades da industria, e os programas como o de “Doctorats Industrials” son fundamentais para iso.

Galicia non é país para investigación (posdoutoral)

InvestiGal denuncia a falta de previsión e vontade por parte da Xunta de Galicia que levará a que 31 investigadores/as queden no paro en decembro e máis de 400 non poidan acceder a algunha das 50 axudas de formación posdoutoral no estranxeiro

  • Fontes próximas á Secretaria Xeral de Universidades confirmaron a InvestiGal que a Xunta de Galicia non ten intención de convocar no 2020 as axudas para contratos posdoutorais (Modalidade A e B) do programa autonómico.
  • O programa autonómico de financiamento de contratos posdoutorais sofre atrasos e merma de recursos sistemáticos, provocando que os/as investigadores/as nunca saiban cando serán convocadas as axudas e polo tanto non poidan planificar axeitadamente as súas carreiras.
  • Solicitamos á Xunta de Galicia que convoque tanto a modalidade A coma a modalidade B o antes posible co fin de garantir a continuidade das carreiras das investigadoras e investigadores posdoutorais que conseguiron o doutoramento recentemente e dos 31 investigadores/as que rematan o seu contrato o 31 de decembro de 2020. 

Galicia, 4 de outubro de 2020.

Distintas fontes próximas á Secretaría Xeral de Universidades confirmaron a InvestiGal que a Xunta de Galicia non ten intención de convocar no 2020 as axudas para contratos posdoutorais (Modalidade A e B) do programa autonómico de I+D+i. Esta decisión xustifícase, aparentemente, en base “a que os presupostos non foron aprobados polo Parlamento de Galicia”. A falta de previsión da Xunta de Galicia nunha convocatoria como esta, que é de carácter anual dende o 2016, ten consecuencias directas e negativas sobre a investigación galega e o colectivo que a sostén. Por unha banda, impide que os/as novos/as doutores/as (cerca de 400 por ano en Galicia) poidan acceder a algunha das 50 axudas deseñadas para a etapa inicial do posdoutorado, as correspondentes á Modalidade A. Esta Modalidade A permítelles iniciar a súa etapa posdoutoral e formarse nos mellores centros de investigación no estranxeiro durante dous anos, de xeito que poidan retornar este coñecemento (e o investimento público dedicado á súa formación) ao noso país mediante un terceiro ano de contrato en Galicia. “A incerteza na mobilidade internacional pola COVID” é, precisamente, outro dos motivos que a Secretaría Xeral de Universidades alega para non convocar a Modalidade A das posdoutorais. Con todo, outras axudas posdoutorais que tamén implican mobilidade internacional mantiveron sen alteracións o seu calendario de convocatorias, como as Postdoc Berri do Goberno Vasco (convocadas en xullo) ou o prestixioso programa europeo Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA). A continuidade destes programas é un reflexo da aposta decidida pola investigación de ambas as dúas institucións en tempos de COVID. Se ben é certo que a mobilidade internacional é un dos aspectos máis interesantes da modalidade A, o goberno da Xunta tivo máis de 6 meses para pensar en como flexibilizar as estadías para que se puidesen levar a cabo con todas as garantías sanitarias, ou mesmo buscar fórmulas alternativas baixo as que convocar estas axudas.  Por outra banda 31 investigadores/as da convocatoria 2017 da Modalidade A quedarán no paro o próximo mes de decembro, sen posibilidade de continuidade a través dalgunha das 20 axudas posdoutorais da Modalidade B que convoca anualmente a Xunta de Galicia, e que ata o de agora supoñan un inestimable pulo á investigación no noso país. Dende InvestiGal acollemos con sorpresa esta decisión, tendo en conta o comunicado emitido o pasado 29 de abril polo propio goberno galego: “No caso da modalidade B dos contratos posdoutorais, de permitilo as circunstancias prevese realizar unha convocatoria de tramitación anticipada na anualidade do 2020 que se resolvería a principios do ano 2021”. 

Os problemas relacionados coa convocatoria destas axudas posdoutorais non son novos e amosan o pouco interese que o goberno de Galicia ten en considerar a investigación como eixo estratéxico do país. No ano 2015 non foron convocadas, e desde 2016 prodúcense atrasos sistemáticos na súa convocatoria, o que favorece que as persoas candidatas pasen longas tempadas no paro, agardando por esta oportunidade laboral, ou mesmo a fuga de cerebros ao estranxeiro, facendo que perdamos talento propio que foi formado con presupostos públicos. O “Colectivo de Investigadores Posdoutorais de Galicia” xa denunciou en xullo de 2019 a falta de continuidade entre a modalidade A e a B e tras mobilizarse activamente conseguiron que a Xunta financiase aos investigadoras/es posdoutorais uns “contratos ponte” de 3 meses durante a fase de transición entre o final da Modalidade A ata a resolución da Modalidade B . Grazas a este parche improvisado, só estiveron no paro 1 mes. Tras este logro, o Consello da Xunta de Galicia sentou un precedente ó aprobar o 31 de outubro de 2019 un convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) que garante a contratación temporal do persoal investigador posdoutoral da modalidade A mentres non remate o período de avaliación necesaria para acceder á modalidade B. Lonxe de ser unha solución ao problema no atraso das datas das convocatorias e a escaseza de recursos destinados a estas convocatorias, a Xunta de Galicia debería cumprir con este acordo e financiar os contratos temporais destes 31 investigadores/as ata que se resolva a próxima convocatoria da modalidade B.

Esta falta de previsión e vontade por parte da Secretaría Xeral de Universidades levará a que  as investigadoras e investigadores posdoutorais que esperaban o seu acceso á modalidade B non poidan seguir exercendo o seu traballo docente e investigador. A falta de continuidade entre programas penalizará as súas carreiras profesionais:   paralizaranse as súas liñas de investigación,  perderán horas de docencia e seralles imposible comezar ou seguir coa titorización de estudantes de TFGs, TFMs, ou teses de doutoramento. Tamén as súas vidas persoais veránse afectadas tanto polo desemprego coma pola incerteza xerada. A falta de continuidade prexudica non só aos investigadores/as afectados/as, senón tamén ás propias institucións, xa que provoca que parte do colectivo investigador galego abandone o programa posdoutoral autonómico para traballar noutros centros e mesmo noutros países. A “fuga de cerebros” é importante, máis tendo en conta que a Xunta investiu na formación de cada unha destas investigadoras e destes investigadores entre 100.000 e 120.000 €. Deste modo, dase o terrible parodoxo de que tras formar en Galicia a un colectivo investigador de excelencia, o goberno da Xunta permite que os froitos do seu traballo os rentabilicen outras partes do Estado español ou outros países. Se a perda de persoal investigador altamente cualificado é inadmisible baixo calquera circunstancia, na situación actual de crise sanitaria, económica e social resulta aínda máis ilóxico e perigoso.  

Os principais programas nacionais e internacionais manteñen un calendario continuo e estable das convocatorias, axudando a minimizar a precariedade dos investigadores/as ao facilitar a súa planificación. O Colectivo de Investigadores Posdoutorais, integrado en InvestiGal, propuxo o ano pasado unha serie de suxerencias de “custo cero” á Secretaría Xeral de Universidades para solucionar o problema: 1) a necesidade dun calendario continuo e estable das convocatorias co fin de facilitar aos investigadores/as e os grupos de investigación a planificación da xestión dos recursos humanos ; 2) a realización das avaliacións das actividades investigadoras durante a metade do contrato de retorno, 3) a presentación de solicitudes para a modalidade B nos últimos meses do contrato da Modalidade A. 

Dende InvestiGal apoiamos estas medidas, que de feito foran presentadas durante a última campaña electoral en reunións individuais cos distintos partidos políticos, incluíndo o grupo parlamentario do PPdeG. Polo tanto, solicitamos á Xunta de Galicia que convoque tanto a Modalidade A coma a Modalidade B o antes posible co fin de garantir a continuidade das carreiras dos investigadores/as posdoutorais que conseguiron o doutoramento recentemente e dos 31 investigadores/as que rematan o seu contrato o 31 de decembro de 2020.

Candidatura de María de la Fuente á Medalla Emilia Pardo Bazán

Dende InvestiGal – Rede Galega pola Investigación, propoñemos a candidatura da Dra. María de la Fuente Freire, coordinadora do Grupo de Traballo de Xénero, Igualdade e Conciliación, para optar á Medalla Emilia Pardo Bazán, como referente na loita pola igualdade de xénero no eido da ciencia e da investigación. 

María de la Fuente Freire (@mfuentefreire en Twitter) é unha das investigadoras galegas de referencia no ámbito da nanomedicina, que ademáis adica parte do seu tempo a tratar de visibilizar á muller científica dende diferentes eidos. No ano 2017 reinvidicou o dereito das mulleres científicas e investigadoras a ser nais, sen ter que ser forzadas a elixir entre a súa carreira  profesional e os seus proxectos vitais, dando lugar a un traballo de visibilización e concienciación importante, que tiña como obxectivo rachar coa normalización de condutas discriminatorias que non levan senón a agravar a fenda de xénero que se dá no ámbito da investigación.  

Os datos indican que as desigualdades existentes entre homes e mulleres son particularmente acusadas no sector da investigación, facéndose especialmente notables no momento no que as mulleres investigadoras se converten en nais. A partir dese momento, a carreira investigadora presenta moitos máis obstáculos, sendo ademais a maioría destas eivas condutas invisibilizadas e normalizadas dentro do sector. Ao final, este tipo de discriminacións e desigualdade de oportunidades levan a un enorme desequilibrio de xénero. As mulleres van abandonando paulatinamente as súas profesións na investigación, o que se coñece como o tubo que gotea, e ademais, o acceso aos niveis máis altos da carreira están limitados en base ao ben coñecido teito de cristal, definido pola escasa presenza de mulleres nos postos de responsabilidade e que ten, como efecto espello, as súas bases nos chamados cimentos pegañentos das institucións. A falta de mulleres en comités de avaliacións, órganos de decisión, foros de persoas expertas, etc. fai que a desiguldade, lonxe de corrixirse, se perpetúe. Isto leva á necesidade de implementar medidas para visibilizar estas situacións, canalizar as denuncias e que non queden impunes, e propor cambios e solucións lexislativas que contribúan a eliminar de maneira eficaz e consolidada a desigualdade entre homes e mulleres. 

Entre as actividades a favor da igualdade de xénero no eido da investigación levadas a cabo pola persoa proposta destacan:

  • Visibilización das dificultades que experimentan as mulleres no eido da ciencia e investigación, como consecuencia da súa maternidade.
  • Traballo en prol da igualdade de oportunidades e en defensa dos dereitos das mulleres en ciencia e investigación. 
  • Reivindicación de medidas lexislativas para rachar coas discriminacións vixentes e evitar que se sigan sucedendo no tempo. 
  • Establecemento de contactos con outras asociacións e grupos do mesmo perfil, para traballar conxuntantemente polos dereitos das investigadoras galegas, como AMIT, ASEICA-Mujer, Asociación de Mujeres en el Sector Públicio, Executivas Galicia, e o Grupo de Traballo  de xénero de AIC.
  • Coordinación do Grupo de Traballo de Xénero de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación, dende o cal se levan a cabo diferentes actuacións, entre as cales:
    • Elaboración de documentación específica para visibilizar as dificultades relacionadas co xénero, conciliación e coidados, que sofren maioritariamente as mulleres.
    • Establecemento de accións comúns con outros grupos e asociacións que buscan un fin común.
    • Coordinación de mecanismos de defensa para protexer ás investigadoras galegas asociadas ou non a InvestiGal, que se poidan atopar en situacións de especial vulnerabilidade. 
    • Coordinación de diferentes accións cara a acadar os obxectivos específicos do GdT:
      1. Resolver con carácter de urxencia as situacións de discriminación que están vixentes na actualidade e precisan unha resposta rápida.
      2. Acadar mudanzas lexislativas en Galicia en materia de igualdade, xénero e conciliación, dirixidas especificamente a persoal investigador e docente do ámbito público e privado.
      3. Visibilizar a situación actual das mulleres na investigación e os problemas de conciliación na profesión para sensibilizar aos distintos axentes sociais, rachar con condutas sexistas, establecer mecanismos de comunicación e de denuncia, e favorecer a mudanza cara un modelo xusto e igualitario.

Deixámosvos as ligazóns á memoria da solicitude e á documentación acreditativa presentadas.

InvestiGal adhírese á “Coordinadora Marea Roja de la Investigación”

O pasado mércores 29 de xullo, coincidindo coa sétima xornada consecutiva de movilización virtual en defensa da ciencia e a investigación co cancelo #SinCienciaNoHayFuturo, tivo lugar a refundación do colectivo “Coordinadora Marea Roja de la Investigación”, no que está adherida InvestiGal.

Marea Roja xurdiu no contexto das mareas que se movilizaron a partir de 2013 en defensa dos servizos públicos en áreas coma sanidade, educación e ciencia, e mantivo a súa actividade desde entón, centrándose nos últimos meses en garantir a prórroga dos contratos do persoal investigador como consecuencia da crise sanitaria causada pola COVID-19.

A refundada “Coordinadora Marea Roja de la Investigación” queda integrada inicialmente por unha quincena de colectivos, asociacións e sindicados, aínda que se esperan novas adhesións nos vindeiros meses porque xuntxs somos máis fortes. En esta ligazón podedes consultar o documento no que se presenta á coordinadora e unha breve descrición de cada unha das entidades que a integran inicialmente.

A loita contra a precariedade e polos dereitos laborais das e dos traballadores da investigación, coma a mellora nas condicións de acceso, promoción e estabilización, así coma reivindicar a relevancia da investigación como elemento fundamental para a creación dunha sociedade máis xusta, solidaria e sostíbel, son os obxectivos e metas que se formula esta coordinadora. Desde InvestiGal esperamos aportar o noso grao de arena nesta nova iniciativa necesaria para mellorar a nosa sociedade.

Reacción ao plan de choque para a ciencia e a innovación

InvestiGal ven de participar, conxuntamente con outros colectivos e asociacións, na elaboración dun comunicado no que expoñemos a nosa reacción ao plan de choque para a ciencia e a innovación presentado polo goberno de España recentemente. A continuación, reproducimos o texto de dito comunicado, dispoñible tamén en esta ligazón en formato PDF.


El jueves 9 de julio el Gobierno de España presentó el Plan de choque para reforzar el Sistema de Ciencia, Tecnología e Innovación en España con el que se pretende invertir hasta 1.056 millones de euros adicionales entre 2020 (396,1 millones de €) y 2021. Antes de analizar las medidas de este plan de choque, conviene recordar que el presupuesto no financiero del Estado para I+D se ha recortado en más de un 30% desde el máximo que tuvo en 2008-2009 (2844 M€ en PGE 2018, aún vigente, frente a 4176 M€ en PGE 2009), por lo que aunque agradecemos que se haga este aumento de la inversión, aún queda lejos de los niveles que tuvo antes de la crisis financiera. Recordamos que el conjunto de la inversión en I+D+i (pública y privada) está estancada desde hace tiempo en el 1,24% del PIB, muy lejos del 2% del PIB que se invierte de media en la Unión Europea.

El documento publicado por el gobierno reconoce que España ha sido uno de los países europeos con mayores recortes en educación, formación y generación de conocimiento entre 2010-2017, llevándonos a la situación actual en la que ahora nos vemos y, por ello, el plan de choque es necesario. Dicho plan se articula en tres ejes: investigación e innovación en salud, transformación del sistema de ciencia y atracción y retención de talento, e impulso a la I+D+i empresarial e industria de la ciencia.

Al primer eje, dedicado a la investigación e innovación en salud, se dedicarán hasta 215,9 millones de € para la implementación de cinco medidas concretas. Entre ellas, el mayor refuerzo económico sería para impulsar la estrategia con medicina personalizada, con una inversión de 77,3 millones de euros. Sin embargo, hay otras medidas a coste cero como la reforma de la Ley 14/2007 de Investigación Biomédica para desarrollar por fin la carrera investigadora en los Hospitales y centros del Sistema Nacional de Salud. La actual redacción de la Ley ya prevé la integración estable del personal investigador en las plantillas de los Hospitales, pero casi ninguna Comunidad Autónoma la está cumpliendo, a pesar de la numerosa financiación que reciben del Instituto de Salud Carlos III para incorporar personal investigador desde hace 20 años. Celebramos que por fin el Gobierno de España aborde este tema para que se haga realidad la estabilización y desarrollo profesional del personal investigador hospitalario.

El segundo eje, centrado en la transformación del sistema de ciencia y atracción y retención de talento, incluye seis medidas concretas, entre las cuales también se incluye, a coste cero, la reforma de la Ley 14/2011 de la Ciencia, la tecnología y la Innovación con el objetivo de diseñar una carrera científica estable. Sin embargo, este aspecto se limita a corregir un pequeño aspecto de la Ley de la Ciencia, mediante la creación de una figura estable de entrada al personal investigador en el sistema público de ciencia española, conocida en los países anglosajones como tenure track y sujeta a la condición de una evaluación positiva (corrigiendo la redacción que se dio en la Ley, que no ha sido útil en algunos OPI, aunque sí en bastantes Universidades). Por tanto, se olvida que hay otras lagunas en la legislación, como una regulación más clara de la etapa postdoctoral, o la carrera profesional de personal técnico y tecnólogo- Además, la reforma anunciada no sirve de nada sin una inversión de dinero que permita la oferta pública de dichas plazas, así como la posibilidad de una estabilización a largo plazo, algo complicado de creer teniendo en cuenta que en la actualidad la investigación española básicamente se construye sobre contratos temporales.

Dentro del segundo eje, la séptima medida representa una inversión de 313,2 millones de € para dotar de más financiación para los grupos de investigación, equipamiento y prórrogas de contratos. Por ejemplo, se prevé una financiación adicional para la convocatoria de proyectos de I+D+i del Plan Estatal (modalidades de Generación de Conocimiento y Retos de Investigación) en 2020 y 2021, de 50 M€ al año. Esta dotación resulta escasa para los recortes que ha sufrido esta partida, en la que ahora se invierten solo 361 M€ anuales. Teniendo en cuenta que en la última convocatoria resuelta (2019), muchos proyectos financiables se quedaron fuera debido a la insuficiente inversión para el desarrollo científico, y muchos proyectos financiados han sido recortados hasta más de un 60%, se podría perfectamente aumentar la inversión anual en 200 M€ anuales en esta partida, lo que permitiría “rescatar” al sistema investigador, financiando adecuadamente los proyectos que han sido evaluados positivamente. Además, esta financiación adicional podría inyectarse ya en la resolución definitiva de la convocatoria de 2019, sin tener que esperar un año en el que muchos grupos se quedarán sin financiación, con el consiguiente pérdida de recursos y  personal en el sistema. 

También, en la séptima medida, se amplían las ayudas para prórrogas de contratos con duración determinada financiados por agencias públicas para incluir aquellos que finalicen entre el 2 de abril de 2021 y el 1 de abril de 2023. Celebramos esta medida, que responde parcialmente a las peticiones que habíamos hecho a los Ministerios de Ciencia y Universidades, y que permitirá a un número mayor de investigadores afectados por el parón del confinamiento prorrogar en hasta cinco meses sus contratos. Sin embargo, esta medida, resulta aún insuficiente teniendo en cuenta que quedan excluidos los contratos cuya fecha de finalización es posterior al 1 de abril de 2023, y que también han sido afectados por el parón en la investigación (por ejemplo, contratos predoctorales FPI/FPU de la convocatoria 2018).

Además, la octava medida contempla aumentar en un 30% la inversión en los programas de contratos postdoctorales Juan de la Cierva y Ramón y Cajal en 2020 y 2021. Celebramos también este aumento en la inversión en una partida crítica para el sistema, pero creemos que se podría aumentar bastante más, ya que el número de contratos concedidos es escasísimo para el sistema, con una tasa de éxito menor del 15% para un conjunto de candidatos de altísimo nivel curricular. Recordemos por ejemplo que la convocatoria Ramón y Cajal estaba dotada con 800 contratos anuales cuando se inició en el año 2000, cuando ahora se conceden solo 200 por año, en un contexto de mucha mayor competitividad. Además, los salarios de estas convocatorias están congelados desde hace muchos años, con la consiguiente pérdida de poder adquisitivo, algo que también es urgente solucionar.

Finalmente, el tercer eje, centrado en la transformación del sistema de ciencia y atracción y retención de talento, incluye otras seis medidas para impulsar la capacidad innovadora de las empresas, favorecer la colaboración entre los organismos públicos y las empresas privadas e impulsar la transferencia de conocimiento hacia la industria y las PYMES. Sin embargo, no se incluyen medidas concretas para la mejora de instalaciones e infraestructuras públicas (muy deterioradas y sin actualizarse desde la crisis anterior).

Por todo lo anterior, entendemos que el plan de choque, aunque recoge medidas necesarias, es, de nuevo, un parche temporal que podrá mejorar puntualmente algunos de los aspectos afectados por las medidas, pero que está muy lejos de representar un paso significativo hacia la reestructuración que necesita nuestro sistema público de I+D+i. Además, estás medidas no serán suficientes para ponernos al nivel de nuestros vecinos europeos, en dónde la inversión en I+D+i se lleva desarrollando durante años, generando una consolidación y estabilidad que es imposible alcanzar sólo en año y medio de medidas a corto plazo. Además, aún hay muchos aspectos deficitarios como reforzar la conciliación, añadir fondos específicos para investigaciones poco cubiertas (añadir medidas para fortalecer la investigación sin impacto económico inmediato, como puede ser la ciencia básica) o ideas innovadoras que no se han visto incluidos en este plan de choque. La efectividad de este plan, condicionará en gran medida el acceso a recursos europeos, y tenemos serias dudas de que esto se pueda conseguir sólo con este plan de choque. 

Entidades que suscriben el comunicado:

  • InvestiGal
  • Asamblea de Dignidad Investigadora de la UAM
  • FPU Investiga
  • Comisiones Obreras (CCOO)
  • Asociación Española del Avance por la Ciencia (AEAC)
  • Jóvenes por la Investigación de Tenerife (JINTE)
  • Investigación en lucha (Mareita Roja)
  • PIF-Unizar
  • Asociación Nacional de Investigadores Hospitalarios (ANIH)
  • Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios)
  • Defensa de la Dignidad Investigadora-Universidad de La Rioja (PDDI-UR)

Desigualdade de xénero na investigación galega

Hai pouco que publicamos dous vídeos: un primeiro no que fixemos un percorrido pola carreira investigadora en Galicia co fin de amosar as dificultades que as investigadoras e investigadores atopan polo camiño e un segundo no que presentábamos as razóns polas cais debemos apostar pola investigación.

Tras a boa acollida destes dous vídeos, o vídeo desta semana ten o obxectivo de denunciar as desigualdades de xenéro na investigación galega pois precisamos eliminar dunha vez os atrancos que impiden que as mulleres progresen nas súas carreiras polo simple feito de seren mulleres. Agardamos que vos guste e que sirva para dar un pulo as nosas reivindicacións!

Respondemos ás declaracións sobre investimento en I+D+i do presidente da Xunta de Galicia

A Voz de Galicia organizou encontros dixitais cos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións do 12 de xullo e o luns 6 de xullo foi o turno do actual presidente, Alberto Núñez Feijoó. Durante o encontro (minuto 41:18), recibiu unha pregunta de Julián desde Santiago de Compostela, na que se lle preguntaba pola retención de talento no ámbito da ciencia: “¿Qué medidas o planes concretos tiene pensado implantar con respecto a la investigación que permitan poner nuestra comunidad a la altura de otras como el País Vasco? Investigación ignorada en su programa electoral. ¿Algún plan de captación de retención y captación de talento mediante programas senior y con futuro?”.

Consideramos que varias das afirmacións do presidente nesta intervención son cando menos dubidosas e desde aquí queremos contestar a cada unha delas, aportando todos os datos dispoñibles publicamente que coñecemos.

Alberto Núñez Feijoó: “Estamos intentando retener talento aquí, traer a los mejores investigadores otra vez para Galicia, los que tienen becas a través del programa Oportunius y estamos trayendo a bastante gente.”

InvestiGal responde: O programa Oportunius, tal e como consta na páxina web de GAIN, (http://gain.xunta.gal/artigos/380/programa+oportunius), so ofrece contratos para un perfil moi específico “Ganadores ERC. Paquete de axudas complementarias ao financiamento europeo obtido dunha ERC Grant, a través da opción a un contrato de investigador/a distinguido/a e de recursos económicos para apoiar a súa actividade investigadora”.

Ata o ano 2019, Oportunius facilitou unicamente 3 contratos a gañadores ERC.
Os/as investigadores/as son contratados coa figura de Investigador distinguido. O baixo interese queda reflectido no feito de que xa no pasado quedou unha praza deserta, e iso que se trata de prazas practicamente nominais para investigadores/as ERC.

Por outra banda, os programas TALENTO SENIOR so contemplan un marco temporal de 3 anos. Ninguén vai a modificar a súa residencia e establecerse en Galicia por un contrato temporal sin visión de futuro, polo que este programa tampouco cumpre a súa finalidade.

Para captar talento hai que ofertar non so condicións favorables, salario e medios, senón tamén dotar de certa estabilidade a quen aposta por mudar a súa residencia e o deixar o seu traballo por vir a Galicia.

Alberto Núñez Feijoó: “Mire, hay un programa que es programa Oportunius que hemos traído a las becas Ramón y Cajal, a las becas del CSIC.”

InvestiGal responde: O programa Oportunius non vai destinado a investigadores/as RyC nin a investigadores/as do CSIC. Os contratos Oportunius, de acordo á información que recolle a propia páxina da Xunta (http://gain.xunta.gal/artigos/380/programa+oportunius) están destinados a Gañadores ERC (podería incluír algún RyC pero en calquera caso ser gañador/a ERC non é algo habitual sendo convocatorias de moi alto nivel de competición. Os finalistas ERC e candidatos ERC optarían a axudas complementarias mais non a contratación. ”.

Ademais, é extremadamente grave que o Presidente da Xunta cualifique de “bolsas” os contratos Ramón y Cajal, altamente competitivos aos que optan investigadores/as de primeiro nivel, indicando que tanto os RyC coma o persoal do CSIC son bolseiros/as. Isto é reflexo da grave precarización da profesión, e do pouco interese por respectar os dereitos laborais. Se o persoal investigador ao abeiro dun programa Ramón y Cajal é bolseiro, que resta para o persoal en etapa predoutoral, para o persoal técnico ou de xestión?

Alberto Núñez Feijoó: “todos los proyectos que se han presentado para luchar contra el COVID del Instituto Carlos III, ahora, estos meses, y que no han tenido… han sido seleccionados por el Instituto, pero no han tenido dinero para financiarlos, hemos decidido financiarlos todos. Son 19 proyectos, todos.”

InvestiGal responde: Non temos constatación de estas afirmacións. Ata a data, a Xunta de Galicia publicou un anuncio, conforme destinará 500.000 euros para proxectos de investigación sanitaria da COVID-19, pero aínda non hai nada en firme.
A pesar de que nos Institutos parece que contan con información, segue sendo altamente irregular que a Xunta financie proxectos que non teñen sido avaliados positivamente por outra entidade. Cales son os criterios? Simplemente ter concorrido? Compre aclarar isto.

En canto á recente convocatoria de ACIS, destinada a Investigación COVID-19, chama poderosamente a atención a composición do Comité de Selección, composta por cargos públicos sen formación científica na súa maioría. Dende InvestiGal seguimos a reivindicar a necesidade de procesos de avaliación e selección serios e de calidade

Alberto Núñez Feijoó: “Si usted coge la inversión pública en I+D+i en los últimos años, ha crecido por encima de la media de España de una forma bastante intensa.”

InvestiGal responde: O feito é que o investimento en I+D+i en Galicia é do 0,94% do PIB, moi por debaixo da media estatal que é do 1,24%. En comparación con outras CCAA, Galicia segue a ocupar o 8º lugar, moi lonxe de comunidades como Pais Vasco, Madrid ou Navarra, que están por cima da media estatal. Ademais, os niveis de investimento son moi similares aos de fai unha década. Por tanto, esta afirmación é, cando menos, enganosa.

Alberto Núñez Feijoó: “Después, los Institutos de Investigación en Galicia están teniendo un planteamiento de un contrato-programa para mantener sus gastos corrientes y para darles un mínimo de seguridad. Hay de más de 1000 personas, 1000 personas, que trabajan en centros de investigación sanitarios cuya nómina financia básicamente el Servicio Gallego de Salud.”

InvestiGal responde: A maioría dos/as investigadores/as que traballan nos Institutos de Investigación en Galicia están contratados por Fundacións, que son privadas, suxeitos a contratos temporais, e non polo SERGAS, polo que esta afirmación non é certa.
As tres Fundacións de Investigación Sanitaria son as entidades xestoras dos IIS, e na actualidade son Fundacións privadas (aínda que materialmente poderían considerarse públicas, como recolle o Informe de Fiscalización de la cuenta general del Servicio Gallego de Salud, do Consello de Contas de Galicia do Exercicio 2017).

Alberto Núñez Feijoó: ” Hemos mantenido contactos con la Academia de Ciencias de Galicia para establecer un programa pactado con los académicos de ciencia en la próxima legislatura, es decir, a partir de ya, para intentar mejorar los programas de la Xunta en relación con la investigación.”

InvestiGal responde: É significativo que teñan mantido contactos coa RACG mais hai unha ausencia de diálogo co persoal investigador.

Alberto Núñez Feijoó: “pero lo que si le puedo asegurar, no tengo el dato exacto aquí, que hemos traído a personas que estaban en el País Vasco, que estaban fuera de España y que, bueno, hay algunas tensiones lógicamente porque esta gente que son profesores en otras universidades pues lo que buscan es una plaza de investigador en Galicia y una plaza de profesor en la Universidad. Y ahí, pues, nuestra propia legislación a veces, imposibilita hacer un contrato doble porque hay un sistema para entrar en la universidad, distinto que para hacer un contrato de investigación. En otros países esto es más flexible.”

InvestiGal responde: Non hai retorno de talento. Pode que se capten investigadores/as ao abeiro de convocatorias públicas coma a Modalidade B da Xunta de Galicia ou programas estatais coma o Miguel Servet, RyC ou Juan de la Cierva, mais non son programas comparables ao IKERBASQUE ou ao ICREA, que ofrecen estabilidade, apoio, e condicións favorables para que efectivamente atraen talento.

Alberto Núñez Feijoó: “Pero no pensemos que no se investiga en Galicia. Hay 5000 investigadores en Galicia, 5000 investigadores, con fondos de la Xunta de Galicia.”

InvestiGal responde: O último informe da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT indica que no ano 2018 había 6.530 investigadores (medidos como número de persoas en equivalencia a xornada completa) empregados directamente en actividades I+D. De estes, en Administración Pública son 859, en Empresas 2.616,80, e en Ensinanza Superior 3.020,30. Non todos están empregados con fondos da Xunta de Galicia polo que estes números son máis que cuestionables.