Tal e como acordamos na última asemblea e vos anunciamos antes do verán, xa temos dispoñible a comunidade de WhatsApp de InvestiGal. O noso obxectivo sempre é mellorar a comunicación entre as socias e que haxa máis interacción. Pensamos que isto non se estaba conseguindo por medio Discord, e de aí a mudanza a WhatsApp. Por tanto, a partir de agora as canles para comunicarnos entre nós serán o WhatsApp e o chat de Telegram, así como as nosas RRSS.
Para unirvos á comunidade debedes solicitalo na ligazón recibida por correo e verificaremos se xa sodes socias ou socios de InvestiGal, requisito indispensable para estar na comunidade.
A continuación deixámosvos as normas básicas do funcionamento da comunidade:
- Esta é unha comunidade para socias e socios de InvestiGal. Lembra que non podes engadir a ninguén a comunidade. Iso é tarefa d@s administrador@s.
- A comunidade conta cun Taboleiro de anuncios onde informaremos de todas as nosas accións, actos etc.
- Tamén consta de diversos Grupos de traballo, onde se dividen os diferentes espazos de traballo da asociación (xénero, predoutorais etc), e un Grupo Xeral que pode ser usado como chat xeral. Por favor, respecta a temática de cada un e segue as normas habituais: non abusar de maiúsculas, non asolagar con moitas mensaxes ou moito texto de seguido, non poñer ligazóns a sitios maliciosos, etc.
- O grupo da coordinadora é de uso exclusivo para a xunta de representantes e coordinador@s dos grupos.