II Foro da Investigación Galega no Estranxeiro (FIGaE)

A II edición do FIGaE terá lugar en Barcelona o terceiro fin de semana de maio.

Cando e onde?

  • Venres 15 e sábado 16 de maio.
  • Centro Galego de Barcelona (Rambla Caputxins 35-37 Principal).

O II Foro da Investigación Galega no Estranxeiro está organizado polo GdT de Mobilidade Internacional e ten como fin de ser un punto de encontro para tódalas persoas investigadoras no estranxeiro, con tres obxectivos: tecer rede, visibilizar as nosas investigacións e non perder o contacto con Galicia e o que se está a facer alí.

É preciso inscribirse, tanto para asistir coma para presentar unha comunicación, en este formulario. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de marzo ás 23:59h (aforo limitado). Ademais, haberá axudas para mobilidade, das que informaremos en canto dispoñamos de todos os detalles.

Comité organizador

  • Alba Paz Castro (Universidade de Santiago de Compostela)
  • André Vidal Capón (Universidade de Vigo)
  • Nerea Cazás Fraga (Universidade de Vigo)
  • Andrés Crespo Vieira (Institut d’Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS)

Comité científico

  • Zulema Varela Río (Faculdade de Engenharia, Universidade do Porto)
  • Rocío Martínez Regueiro (Universidad de Cádiz)
  • Hugo López Fernández (Universidade de Vigo)

Co-organizadores

Patrocinadores

Colaboradores