InvestiGal

InvestiGal – Rede Galega pola Investigación nace para dar resposta aos problemas transversais a todo o sector da investigación en Galicia. Tras unha serie de xuntanzas de todo o persoal investigador interesado en diferentes cidades de Galicia, decidiuse fundar un espazo unitario pola investigación e pronto se creou un grupo de traballo que desembocou na Asemblea Constituinte de InvestiGal do día 29 de febreiro de 2020 en Santiago de Compostela. O número de rexistro de InvestiGal no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia é o 2020/024173-1ª.

Rexistro en InvestiGal

Asociarse a InvestiGal é de balde! Para realizar o rexistro en InvestiGal remite o formulario de inscrición a contacto@investi.gal. Unha vez dado de alta, terás acceso ao noso Discord, á canle xeral de Telegram e estarás na lista de distribución de correos.

Grupos de Traballo Estruturais e Faladoiros

Os grupos de traballo estructurais (ou GdT) son estruturas flexibles de base a través das que se xestiona a actividade principal da Rede e son tres: medios, divulgación e igualdade de xénero e conciliación. Para levar a cabo a preparación de eventos ou o desenvolvemento de tarefas concretas, crearanse os grupos de traballo temporais necesarios e específicos para elas, contando coa participación de todas as socias e socios interesadas. Ademais, temos faladoiros temáticos (predoutorais, posdoutorais, persoal técnico, persoal de xestión, etc.) nos que ás socias e socios debaten sobre distintos temas de interese relacionados. Visita a sección sobre a nosa Organización para atopar toda a información sobre estas estruturas.

Liñas programáticas

As liñas programáticas de InvestiGal (dispoñíbeis aquí ao completo) son:

  1. Dignificación da carreira investigadora.
  2. Incremento do investimento en investigación en Galicia.
  3. Igualdade de xénero na investigación.
  4. Creación dunha Fundación Galega para a Investigación.
  5. Promoción dun Pacto Galego pola Investigación.
  6. Reforzo da universidade pública.
  7.  Recoñecemento de todos os sectores da investigación en Galicia
  8.  Compromiso de boas prácticas
  9. Transparencia.
  10. Divulgación do coñecemento á sociedade.

Contacto

Se queres contactar con nós, podes facelo a través dos seguintes enderezos de correo electrónico:

  • contacto@investi.gal para cuestións xerais sobre InvestiGal, inscricións, consultas ou suxestións.
  • medios@investi.gal para cuestións relacionadas coa nosa presenza nos medios (entrevistas, redes sociais, etc.).